Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oza dos Ríos
Parroquia: Cis (San Nicolao)
Lugar: Quintela
Outra denominación do ben: A croa do monte Curuxo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Castro situado no Monte Curuxo, concretamente no seu punto máis alto. A croa rodeada dun parapeto é de forma ovalada e sitúase a unha altitude de 222 metros e ten a maior lonxitude de 124 metros no seu eixo norte-sur. Posúe un antecastro na zona norte duns 61 metros de longo na zona máis ampla. Ten visibles valados de pedras por algunhas partes. Entrada definida e de grande altura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15063003
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Preto do castro atopamos unha fonte-manancial chamada a Fonte do Ouro. Din que alí se agochaba o “ouro dos mouros”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace web PXOM do antigo concello Oza dos Ríos (Agora Oza Cesuras)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA011.PDF
pax 3 do df


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está cuberto totalmente e de uso completamente forestal. Seguramente estea intocado no seu interior, non creo que ninguén o traballase nunca. É privado, ou iso me dixeron.


Onde está localizado

Latitude: 43.215396121
Lonxitude: -8.21264505386
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84