Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Oca (Santo Estevo)
Lugar: Oca de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A orixe do Pazo de Oca foi unha edificación defensiva do século XV mandado construír por D. Suero de Oca. Despois esta propiedade pasaría a mans do Arcebispado de Santiago que vendería o couto e a xurisdicción de Oca a María de Neira sobre o ano 1570. Comezaría así a súa labor construtiva que se podería dividir en tres etapas.
A primeira abarcaría dende a segunda metade do século XVI ata finais do XVII, momento en que comenza a contruírse a casa e se define a configuración territorial do pazo. Ao lado da antigua torre do coto levantaríase unha ermida e un oratorio.
A segunda etapa abarcaría a totalidade do século XVIII e sería a das grandes construcións, xa que se levantaría a maior parte do pazo, a torre e as dependencias, así como a igrexa cos seus retablos. Tamén desa época serían os xardíns, estanques, muíños, presas e fonte.
En 1703 contrúese a torre e cuarto da casa por un canteiro chamado Esteban Ferreiro, que fai tamén os estanques cos seus muíños. En 1722 comeza a obras da casa: en 1725 a chimenea do salón, en 1727 recontrúese a porta principal e en 1732 fanse os dous balcóns da torre, componse a escaleira da cociña e arranxanse as habitacións. En 1728 e 1750 faise a horta xardín, estanques presas e muíño, a fonte vella e a igrexa coa súa galería porticada. Entre 1765 e 1803 auméntase o terreo do pazo, faise unha cociña e refórmanse estancias interiores.
A terceira etapa do século XIX é xa a que corresponde coa do Marqués San Miguel das Penas. Lévase a cabo unha reforma exterior moi importante e contrúese a galería posterior. Tamén se pasa a transformación da horta a unha horta xardín.
O pazo ten planta en forma de escuadra, sendo o corpo de maior tamaño o que está orientado de sur a norte, rematando neste lado coa torre. A portada principal ten un arco de medio punto flanquedo por un par de columnas, sin capitel e bases toscanas que soportan as grandes ménsulas do balcón. A capela está emprazada como peche da parte sur da praza e está unida co pazo polo lado sur por unha especie de viaducto de arquerías cegas que desembocan na súa tribuna. Prolónganse polo lado esquerdo ata chegar ao muro de peche da horta xardín polo lado oriental. A igrexa ten planta de cruz grega, a cuxos brazos se acaroan as estruturas antes citadas. A fachada componse coma un rectángulo percorrido na parte superior por unha balaustrada e flanqueada por dúas torres. Este corpo está dividido en tres sectores, os laterais como soporte da torres e o central constituído como un eixo no que vai, de abaixo a enriba, a porta alintelada un balcón e unha fornela coa figura de San Antonio de Pádua, a quen ten como o santo da súa advocación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca005.PDF
ficha AC 11
Ramallo Asensio, Germán. Arquitectura señorial en el norte de España
Univesidad de Oviedo
ISBN 9788474687804


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7464370177
Lonxitude: -8.39490652084
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84