Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: -- / A Merca
Parroquia: Mezquita, A (San Pedro)
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
A Igrexa románica de San Pedro da Mezquita consta dunha nave rectangular, dividida por tres arcos sostidos por contrafortes, e unha ábside semicircular. A cuberta, a duas augas, é de madeira e no ábside ten bóveda oxival.
Na fachada principal, a porta está enmarcada por dous contrafortes verticais e unha imposta horizontal ensanchada que percorre todo o edificio. A portada destaca polas arquivoltas, lixeiramente apuntadas e con decoración xeométrica, que descansan sobre columnas con capiteis. O tímpano está decorado cunha cruz coa representación do Agnus Dei, tendo no seu cruzamento inscrito o ano. Sobre os contrafortes aparecen un lobo acometendo un año, así como unha loba aleitando ás crías. No ángulo que se forma entre a cornixa e os contrafortes aparecen as figuras de Santa Ana e San Pedro.
Na parte alta da fachada disponse unha xanela de arco de medio punto, e por riba un rosetón decorado con motivos florais. No lateral dereito érguese a torre do campanario.
As portas laterais posúen unha delicada decoración de trazos primitivos nos tímpanos, ademais de fermosos capiteis.
O templo foi declarado monumento histórico-artístico en 1931.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23662407855693Lonxitude: -7.869172096252441
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Gavilanes67 says:
Mar 1, 2017
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/comarca-da-terra-de-celanova/a-merca/iglesia-de-san-pedro-da-mezquita/