
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: O Castrado
Outra denominación do ben: Muíño do Castrado
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muíño de Canle cuberta situado na beira dereita do regueiro a 170 metros da ponte do Castrado. Segundo unha veciña, era un muíño de herdeiros ao que acudían tódolos veciños do lugar.
A súa canle de abastecemento nace nunha ceña a carón, a tres metros, da ponte do Castrado. Non sabería dicir se a canle de abastecemento é un sulco ou unha canle en cantería por estas cuberta de maleza e terra. A Canle remata nun tramo cuberto, feito de cantería de grandes perpiaños irregulares. A estrutura do muíño é de planta rectangular con muros de cachotería. A porta de entrada está a carón da canle de abastecemento por un dos muros costais, estando a boca do inferno da outra beira. O teitume é a unha auga con cuberta de fibrocemente, hoxe parcialmente derrubada. No interior o espazo de tremiñado está a un nivel inferior.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase en estado de abandono.
Onde está localizado
Latitude: 42.4785750889Lonxitude: -8.65177094936
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios