Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: San Amaro
Parroquia: Eiras (Santa Ouxea)
Lugar: Xinzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Está no lugar de Xinzo e trátase dun castro de finais da Idade do Bronce ou principios da Idade do Ferro, a douscentos metros da aldea. É un óvalo orientado de nordés a suroeste. A súa superficie pode chegar ás dúas hectáreas. As estruturas son difíciles de ver, pero podemos adiviñar algúns muros, terrapléns ou foxos polos límites do parcelario. As defensas cara o oeste son naturais, con unha forte pendente cara o val do regueiro de Farcixo.
Existen formacións graníticas con petróglifos, coviñas, e outras modificacións antrópicas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Unha serpe que habitaba nunha mina no monte do propio castro. Era tan longa que chegaba ata a “Cidade”, entendendo os veciños por “Cidade” o castro do Santrocado, a un quilómetro de distancia e a maior altitude, 550 m.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Non existe bibliografía específica sobre o xacemento.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Abandonado, con exceso de vexetación, parcelado na súa totalidade.


Onde está localizado

Latitude: 42.3455402379
Lonxitude: -8.04443869025
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84