Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: A Merca
Parroquia: Merca, A (Santa María)
Lugar: A Merca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Situado no Campo da Feira, o conxunto da Merca está formado por un total de 34 hórreos ou canastros, sendo o máis grande de Galiza. Antigamente, o lugar era empregado para a celebración de feiras. Pero a decadencia das feiras fixo que, probablemente a mediados do século XX, a veciñanza pedira permiso ao concello para poñer alí estas construcións. O espazo é comunal, pero cada un dos canastros é privado.
Os hórreos distribúense sobre un terreo inclinado, formando varias filas. Do seu ordenamento dedúcese que, ao contrario que noutros conxuntos, o da Merca responde a unha construción coidadosamente planificada. No lugar obsérvanse 33 hórreos e os soportes doutro que non foi recuperado, variando a altura e lonxitude entre todos eles.
Estes canastros da Merca posúen cámara de madeira, rectangular, a excepción de tres con estrutura de pedra. A porta sitúase no fronte, descansando todo o corpo sobre piares de pedra e cunha cuberta de tella do país a dúas augas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Trisquel (http://usuarios.multimania.es/jufp/canastros_Merca.html)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2219311191
Lonxitude: -7.90409982204
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84