Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Fortificacións urbanas,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: A Guarda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A actual torre do reloxo é unha construción edificada sobre os restos dunha antiga torre levantada polo Bispo Torquemada no ano 1570, tal e como aparece nun brasón propiedade deste prelado: torre envolta en lapas (turris cremata-torquemada) esculpida en alto relevo ao lado dereito do escudo heráldico da vila, que é unha galera sobre ondas.

A súa estrutura cúbica está realizada a base de perpiaños irregulares de granito. O conxunto remata con catro pináculos nos extremos, e unha estrutura metálica cunha pequena campá do ano 1730

Nos seus muros podemos ver os escudos numerosas familias de nobres importantes na historia como os Correa ou os Ozores.

No ano 1730 a torre foi novamente reedificada tal e como podemos ler noutro brasón coa seguinte inscrición:
“ESTA TORRE CON SV
RELOX SE REEDIFI
CO ENTERAMENTE
SIENDO OBPO DE TVY
EL ILLMO SR D FERNANDO
IGNACIO DE ARANGO
Y QUEIPO AÑO DE
MDCCXXX”

Unha última inscrición di o seguinte:
“HAEC TVRRIS
RENATA FVIS
BONA PROVIDEN
TIA D FERNAN
DO DE CASTRO HVIVS
OPPIDI IVDICIS
AÑO 1730”


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AGUARDA/documents/0799CA006.PDF (Páxina 2)
http://www.galiciasuroeste.info/varios/laplazadelreloj.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9012010111
Lonxitude: -8.87398391962
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84