Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: A Guarda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa feita a base de perpiaño granítico, con teitume a dúas augas agás nas capelas laterais que é a tres. Posúe planta rectangular dividida en tres naves separadas cunha arquearía de tres amplos arcos de medio punto apoiados en columnas cilíndricas e pilastras nos muros extremos.
O conxunto, orixinalmente románico, ampliouse no século XVI, sendo bispo de Tui Diego de Torquemada(1564-1582).

Na fachada principal, do século XVIII, podemos ver a porta de aceso con tres chanzos, que posúe un arco de medio punto apoiado nas xambas. Mesmo enriba da porta aparece unha cartela coa data da súa construción: “Año de 1784”. Adórnase a modo de pórtico con dúas pilastras estriadas que suxeitan unha cornixa plana de apoio a un frontón partido polas pilastras de adorno da fornela central no que está a imaxe pétrea da patroa do ano 1796. Sobre ela hai unha fiestra da mesma proporción, con moldura e forma ovoide para entrada de luz no coro. Remata esta rúa un releve dunha custodia radiada coa inscrición do Agnus Dei. Os vans dos paramentos da fachada principal consérvanse co reboco en branco, non así os demais da igrexa. O seu construtor foi o veciño da Guarda Xoán Lomba.
A torre campanario, tamén do século XVIII, ten planta cadrada e está composta por tres corpos. Obra do arquitecto José Parada, posúe 33 metros de altura.
A porta da fachada sur, do século XVI, fórmase cun pórtico clásico de dúas columnas exentas sobre bases unidas ó paramento, que sosteñen un frontón triangular cunha fornela que contén a imaxe pétrea da Asunción do ano 1758. Remátase cunha ventá rectangular, moldurada e acodada, de derrame exterior, flanqueada polos escudos de Torquemada coa súa inscrición: “FIDES ATQUE AMOR”, e o antigo escudo da Guarda, que representa un barco arborado e co velame recollido.

No interior destaca o retablo da capela maior de estilo borrominesco do século XVIII dedicado á Asunción da Virxe María
Polas inscricións que hai na parede exterior da sancristía e nunha das columnas da igrexa, sabemos que o construtor da mesma foi Gaspar Pe (Pérez ou Pereira). A teitume das naves é un artesoado de madeira de teca realizado na reforma xeral que se fixo nos anos 1996-1997. O primitivo, tamén de madeira, foi substituído no ano 1880. As bóvedas das capelas, maior e laterais, son de pedra. A capela maior ten unha sinxela nervadura de traza rectangular formando casetóns para acoller pinturas con alegorías e símbolos das letanías da Virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AGUARDA/documents/0799CA006.PDF (Páxina 2)
http://www.galiciasuroeste.info/varios/iglesia_santa_maria.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9021133419
Lonxitude: -8.87381494045
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84