Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Laxe / Terra de Soneira (comarca)
Parroquia: Nande (San Simón)
Lugar: A Biqueira
Outra denominación do ben: Cova dos Batáns
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A estación de arte rupestre de Pedra Xestosa localízase na Pedreira, perto da Biqueira (a poucos metros do límite entre Vimianzo e Laxe), un lugar que como indica o seu nome está cheo de rochas e penedos graníticos. No afloramento que máis destaca, na ladeira, hai un gran bloque de pedra sobre o que está apousada unha enorme laxe creando debaixo un refuxio.
Este foi o lugar escollido para deseñar estes curiosos petróglifos, poderíase dicir que únicos na Costa da Morte, pola súa complexidade e por teren representacións animais. Son tres paneis nos que se contabilizaron 18 zoomorfos, un antropomorfo e unha gran combinación circular.
Baixo a laxe, no abrigo hai un cérvido de gran volume e unha combinación circular cun apéndice lateral que se estende cara á entrada.
Enriba da laxe, seis cérvidos (dous machos) que se dirixen cara á dereita. Hai un trazo que fai pensar nunha posible escena de monta.
No panel vertical do exterior atópanse os gravados máis impresionantes onde vemos unha escena de caza. Os cérvidos (dous con cornamenta) miran cara á dereita mentres outras figuras máis desgastadas miran á esquerda, enfrontándose. Son trazos esquemáticos pero que permiten adiviñar unha figura antropomorfa xunto con varios cánidos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA/15040006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Alén da fronteira naturalista na arte rupestre galega. Estacións con zoomorfos na Costa da Morte (A Coruña).” C. Rodríguez Rellán; R. Fábregas Valcarce; A. Eiroa Pose; E. Rodríguez Álvarez; L. Gorgoso López. Gallaecia 29: 83-102. 2010, ISSN: 0211-8653
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1575040769Lonxitude: -9.01611685753
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mar 22, 2015
Este petróglifo da Pedra Xestosa, código GA15040006, aparece co nome de
petróglifo da Cova dos Batáns no catálogo arqueolóxico
do Concello de Laxe, ano 2009
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LAXE/documents/27189CA132.PDF
pax. 13 e 14 do pdf