Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Montederramo
Parroquia: Vilariño Frío (Santa María)
Lugar: Vilariño Frío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No centro do lugar, preto da casa de Cornoces, no lugar chamado As Laixas e sobre rocha natural, atópase un peto de ánimas, que presenta un corpo liso formado por perpiaños ben encadrados. No corpo superior sitúase un remate moldurado sobre o que emerxe un pedestal de lados cóncavos para unha cruz de ferro, presenta un pequeno nicho protexido por pequena porta metálica acristalada, no interior alberga un panel deteriorado de madeira coa escena da Virxe do Carme sobre as nubes e as ánimas apiñadas na zona inferior. Baixo este nicho quedan os restos de onde estivo algún soporte para o esmoleiro, quedando soamente os ocos na pedra.
En algún momento da súa historia foille mutilada a moldura do corpo superior, polo lado norte.

A única escena que se representa nos petos é a do Purgatorio.
Trátase de figuras que se caracterizan pola expresividade das súas caras. Estes petos son mostras da arquitectura é a arte popular galega. A representación artística deste tema non aparece ata finais do século XVI e é no século XVIII cando se fan a maior parte dos monumentos dedicados ás ánimas.
Os petos son unha manifestación do culto ós mortos. A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo as ánimas para que poidan saír do Purgatorio. Unha vez liberadas intercederán por quen realizou a ofrenda.
Sitúanse normalmente nos camiños e encrucilladas.

Fotos: Mónica Parente


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Montederramo,_Vilari%C3%B1o_Fr%C3%ADo,_peto.JPG

http://gl.wikipedia.org/wiki/Vilari%C3%B1o_Fr%C3%ADo,_Montederramo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.317056
Lonxitude: -7.54162
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84