Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Moaña
Parroquia: Meira (Santa Olalla)
Lugar: Meira
Outra denominación do ben: Cruceiro do Igrexario de Meira
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro situado a carón da igrexa parroquial de Santa Olalla de Meira, dentro do adro. Está datado en 1787.

Carece de plataforma graduada. O pedestal é cúbico, de arestas biseladas. O varal, bastante esvelto e delgado, é de sección cadrada no pé, para despois virar a octogonal en case toda a súa extensión. O capitel é de orde composta, cunha orde de follas moi naturalistas, e caulículos nos cantos. No centro de cada cara do capitel hai esculpidos rostros de anxos, mentres que na cara frontal, aparece a caveira de Adán con dúas tibias cruzadas. A cruz ten brazos de sección redonda, e acabado leñoso ou espiñento. No anverso, hai un cristo de rasgos naturalistas, de moi boa talla, cunha cartela co INRI sobre a cabeza. No reverso, aparece a Virxe das Dores, ou das Sete Espadas, con manto sobre a cabeza, cos pés apoiados na cabeza alada dun anxo de xenerosas fazulas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.29003645613216
Lonxitude: -8.720687627792358
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84