Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: O Berbés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base é cúbica con todo o borde superior contorneado cun suco. As catro caras conteñen uns pequenos rebaixes cuadrangulares. Posúe unha placa ca seguinte inscrición:
“A todas as mulheres
matadas
por bruxaria”.

O varal é de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas. Na parte baixa está decorado cun anel pétreo circundante. Sobre el aparecen as figuras de Adán e Eva no momento da expulsión do Paraíso coa figura do anxo cunha espada na man dereita.

O capitel aparece decorado nas catro caras con doce figuras humanas divididas por tríades. En cada un dos extremos superiores sobresaen volutas en espiral.

A cruz aparece ateigada cunha ornamentación historiada formada por cabezas de querubíns. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado rodeado por dúas cabezas de querubíns no anverso, e a Virxe co Neno no colo no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://xosecounhago.com/?p=1796
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605701.html

BIBLIOGRAFÍA
PRADO GONZÁLEZ, Manuel Gonzalo. (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2378443659
Lonxitude: -8.72904136777
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84