Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Sárdoma (San Pedro)
Lugar: Baixada a San Roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela posiblemente dos inicios do século XVIII, de planta rectangular feita a base de perpiaño granítico labrado, con teitume a dúas augas e remates en pináculos.
Na fachada destaca a porta de aceso recercada, un brasón en posición central (coas armas dos Sotomayor, Troncoso e Lira), e dúas fiestras lobuladas aos laterais.
O conxunto remata nuha espada dun so oco con remate cruz pétrea e pináculos nos laterais.
No interior podemos ver tres retablos do século XIX adicados a San Roque, a Dolorosa e a Nosa Señora do Rosario.
A capela atópase unida a un pombal por medio dun pasadizo elevado en forma de arco-ponte.

A orixe desta capela ven do ano 1598, cando a cidade de Vigo foi azotada pola chamada “peste grande” na que se contabilizaron máis de 2.000 víctimas.

A capela de San Roque, recentemente restaurada, atópase dentro dun parque urbano aberto ao público. Forma conxunto cun pombal e co pazo de San Roque (http://patrimoniogalego.net/index.php/71488/2015/04/pazo-de-san-roque/)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Conta unha tradición que cando a ocupación napoleónica, para evitar que a imaxe do santo fora profanada polas partidas francesas que saían en busca de vituallas, enterrárona debaixo do desaparecido piñeiro manso que había preto da ermida”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIGO/documents/26620ca019.PDF (Ficha A_177 – Páxina 8)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=6779&ctre=36
http://www.barriodelcalvario.es/historias/92-pazo-de-san-roque.html
http://www.cormariavigo.es/SAN-ROQUE
http://quehacerenvigo.es/historia-del-pazo-de-san-roque/

BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel (1997). Inventario histórico das ermidas de Vigo e do Val do Fragoso. Séculos XVI – XIX. Colección Datos 8. Concellería de Patrimonio Histórico. Concello de Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2257844293
Lonxitude: -8.712002635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84