
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilasantar
Parroquia: Vilasantar (Santiago)
Lugar: Ru - Vilasantar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Esta igrexa é un templo pequeno de planta de cruz latina. Os muros da igrexa son de carga, e están construídos con cantería e cachotería. A cubrición interior é de cimbros de madeira na nave e plana no transepto.
Cara ó exterior o templo é moi sinxelo e non posúe elementos de grande interese artístico ou arquitectónico. A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada e sobre o ingreso vai un oco rectangular de luz. Remata o conxunto unha espadana dun corpo formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares con unha moldura e serven para aloxa-la campá. Esta espadana está rematada por dúas laxas de pedra a modo de tellado e coroado por un pináculo con bóla cunha cruz sinxela de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
As primeiras informacións revelan a existencia do templo no ano 1830, aínda que o documento que se conserva está datado do ano 1842. Nel lese “A mi digno prelado y señores gobernadores del Arzobispo de Santiago. Don Luís de Gándaras, vicario cura de loa parroquia de Vilasantar…”. Hoxe en día esta parroquia non só depende do Arciprestado de Sobrado, senón que tamén o fai do que foi Mosterio de Santa María de Mezonzo, hoxe igrexa e centro de parroquias.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Vol. XVI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0729554423Lonxitude: -8.12158674002
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84