Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilasantar
Parroquia: Vilasantar (Santiago)
Lugar: Ru - Vilasantar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado cunha roda con bocel e cunha mesa acaroada. Nos seus lados ten unha inscrición, entre outras letras pon: “ANO 1743”. O varal é octogonal diminuíndo cara o capitel e comezando en cadrado. Ten un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. O ábaco ten lados curvos e vértices achafranados ademais ten volutas e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é octogonal con remates florenzados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara adiante e lixeiramente ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos brazos en cruz sobre nubes con querubíns e dous anxos coroándoa. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación e por ter máis de cen anos, a lei de protección do patrimonio dálle o carácter de Ben de Interese Cultural (BIC).
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol. IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0728986222Lonxitude: -8.12178522348
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84