Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Moaña
Parroquia: Domaio (San Pedro)
Lugar: Verdeal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
É o derradeiro do conxunto dos muíños irmán xunto cos muíños das Canles, e do Rendeiro. A súa canle desemboca no rego da Freixe pola beira dereita. Ten muros de cachotería e non conserva o teitume. Ten un cubo paralelepípedo acaroado á estrutura. O espazo interior está dividido por un peitoril feito cunha gran laxe de granito. Os muros entorno ao tremiñado tamén están cubertos con grandes laxes de granito.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.296759222Lonxitude: -8.69194507599
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Abr 14, 2015
Acudindo ao SIOTUGA e consultando a ficha do planeamento xeral vixente deste concello, lemos:
“INCIDENCIAS XURÍDICAS:
PRIMEIRA APROBACION DEFINITIVA PARCIAL CONDICIONADA 13/07/2011, PUBLICADA NO DOG 01/08/2011. *PENDENTE DE ORDE DE APROBACION DEFINITIVA FINAL. PENDENTE DE RECIBIR DOCUMENTO REFUNDIDO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA E POSTERIOR PUBLICACIÓN.”
polo que resulta imposible a consulta online do Documento aprobado parcialmente e do seu catálogo.