Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: Tilve
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa actual de Cerponzóns asentase sobre as bases dunha anterior datada no século XIII da que inda queda algún restos na edificación barroca. É un edifico sinxelo dunha soa nave e teitume a dúas augas. O da cabeceira está máis baixo que o resto da nave e cuberta con bóveda de canón. Na fachada, muro liso con tres oco aliñados no seu eixo central: un para a porta alintelada, un oco para a figura de San Vicente Mártir e unha fiestra rectangular. Na beira esquerda, disponse a torre campanario. O teitume remata en pináculos nos seus extremos e nunha cruz na cima.
Pola beira norte ten unha capela con arcosolio no interior e unha ampliación para as dependencias da sancristía, datada en 1689. Amosa un escudos heráldico polo exterior no muro norte e outro no muro da cabeceira no este.
No interior e a cada beira do arco de medio punto que da a entrada a cabeceira, dispóñense dous arcosolios flanqueados por pilastras e presidios por escudos heráldicos policromados. No muro norte, sitúase unha capela con arcosolio nunha beira.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No exterior está a antiga pila bautismal e no interior destaca o retablo maior neoclásico. No arcosolio norte, disponse outro retablo, de época barroca, dourado e rematado nun escudo heráldico policromado e presidido pola imaxe da Inmaculada Concepción. No arcosolio sur un novo retablo barroco dourado con escudo heráldico e presido pola imaxe da Virxe do Carme. Finalmente, na Capela un retablo máis barroco con dourados, presidido por San Miguel Arcanxo.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
“La Iglesia de Cerponzóns: Su Historia” en http://serpenties.blogspot.com.es/2013/10/la-iglesia-de-cerponzonssu-historia.html [Consultado en 16-04-2015]
http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/igrexa-parroquial-de-san-vicente/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4756674493Lonxitude: -8.64128351212
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84