
Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo, Pombal,
Concello: Cotobade
Parroquia: Borela (San Martiño)
Lugar: Cavada, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Hórreo-pombal situado na eira da reitoral de Borela. De planta rectangular feito en cantería de granito. Amosa tres niveis. O inferior e máis pequeno está divido en tres espazos por muros interiores e con pequenas portas de acceso en madeira pola costal meridional. O seu uso probablemente fora para pequenos animais de granxa. O segundo nivel estaba destinado a almacenaxe e secado do millo. Presenta doelas de madeira que só conservan nunha beira, accedíase por unha porta na parede testeira do leste. Finalmente, o último nivel, estaba destinado a pombal. Tiña a porta pola parede testeira do leste e chegábase a ela mediante unha escaleira de man. Amosa unha cornixa prominente e continua ao longo de todo o seu perímetro. No interior, os nichos para as pombas están aliñadas pola paredes costais. O teitume está realizado en grandes lousas de granito a catro augas. A día de hoxe está parcialmente derrubado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
A cuberta está parcialmente derrubada, e non conserva as portas e perdeu algún dos pasaventos.
Onde está localizado
Latitude: 42.4432257844Lonxitude: -8.51953536272
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84