Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Cutián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cabana familiar situada na eira da casa. Erguíase sobre dúas cepas que flanqueaban o portalón. Accedíase a porta de entrada nunha parede testeira a través dunha rampla levadiza dende unha pasarela que saía da casa. Inda que tamén se podía acceder dende a eira pola outra parede testeira.
Consta de tres pares de pés paralelepípedos de base ancha. Seis tornarratos individuais paralelepípedos de planta cadrada. Os elementos de carga da cámara son de pedra namentres que o pasaventos ao sol son de doelas e faixas de madeira. Polo costal de sombra, o pasaventos é de aparello de ladrillo e cemento.
Os pinches contan cunha bufarda alongada e moi estreira, van cuberto cun penal fino. O teitume e dos augas como vén sendo normal, cun beiril prominente e cuberto de tella francesa.
Ninguén lembra da súa construción, pero si se sabe que a casa era moi antiga e que foi reconstruída nos anos trinta polo señor Antonio Eirín Fraga, aínda que non sabemos se a cabana, como se chaman nesta parroquía aos hórreos, xa viña coa casa ou foi construído nesta época.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5165194803Lonxitude: -8.53289008141
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios