Pois xa é posible. Presentamos patrimoniogalego.net para Google Earth! Trátase dunha ferramenta engadida e complementaria para seguir patrimoniogalego.net e empregalo en combinación dun dos programas SIG (sistemas de información xeográfica) máis potentes e populares de Internet.
Só tes que baixar este ficheiro KMZ, abrilo desde Google Earth e disfrutar!
Cada noite o noso servidor realiza unha operación para convertir a base de datos nun ficheiro KMZ -a estrutura de datos nativa de Google Earth. Isto quere dicir que te recomendamos baixala de novo, de cando en vez, para disfrutares dos contidos actualizados con todas as últimas incorporacións á base de datos. A día de hoxe (31/03/2015) vaste atopar máis de 6800 elementos xeolocalizados!
Que podes facer con estes datos?
Lembrarte que estes datos están baixo unha licenza Creative Commons. Non podes copiar os datos e empregalos por aí sen mencionar a fonte orixinal (patrimoniogalego.net) e o seu catalogador, e non podes empregalos con ánimo de lucro sen obter o permiso dos catalogadores de cada un dos bens.
Queremos agradecer a Eladio Rial, técnico do noso equipo, a escritura deste software que multiplica as posibilidades de patrimoniogalego.net.
18 comentarios
Manuel Rial says:
Mar 31, 2015
Fantástico! Noraboa polo voso esforzo e traballo!
bruno rua says:
Mar 31, 2015
Ese vacío en concellos tan bonitos como A Gudiña, A Mezquita e Vilariño de Conso vai haber que solucionalo, jeje. Noraboa!! Esto tamén axudará a corrixir ou completar a información que colgamos e millorar a ferramenta.
Jose says:
Abr 5, 2015
Ola, ao descargar e intentar abrir o ficheiro con Earth dende o móbil dá un erro. Alguén sabe unha posible solución?
Eladio says:
Abr 6, 2015
Ola Jose. O volume de datos é moi grande para abrir o ficheiro cun móbil. Recoméndoche abrilo coa versión de Google Earth para PC. Saúdos.
Nani Salgueiro says:
Abr 5, 2015
Hola, quería saber se se poden engadir elementos ou, polo menos, enviar fotografías para que sexan engadidas. Un saludo.
Oscar Franco says:
Abr 5, 2015
A noticia na prensa escrita de hoxe 5 de abril de 2015:
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/04/05/tesoros-gallegos-google-earth/1214390.html
Parabéns a todos os catalogadores, editores, … que traballan (traballamos) “polo país e a cultura”.
Pablo Eirín says:
Abr 5, 2015
Sintome orgulloso de poder contarme entre aqueles que contribuiron a elevar e difundir as boas cousas da nosas terra.
Elixio Vieites says:
Abr 6, 2015
Ola Nani, para ver os bens patrimoniais é necesario elaborar unha ficha anteriormente. Isto fano os usuarios catalogadores en patrimoniogalego.net. De feito, o que se ve primeiro son os textos e despois un enlace coa ficha. Grazas polo teu interese.
kikolago says:
Abr 7, 2015
Moi boa iniciativa.!!
jose says:
Abr 21, 2015
Teño problemas para rexistrarme. Podedes votarme unha man??
elixiovieites says:
Abr 22, 2015
Ola José, podes especificar os problemas para rexistrarte no mail patrimoniodegalicia@gmail.com e a ver si se resolven. Grazas polo teu interese
xabier says:
Dec 14, 2015
Boas, sería posible ter unha dirección de WMS para poder abrir o arquivo cun software SIX? . Sería máis viábel para os que manexamos estos programas que ir descarregando cada certo tempo o arquivo para telo actualizado. Grazas !
erial says:
Feb 14, 2016
Síntoo Xabier, non é posible ofrecer servizos WMS. O que podes facer no Google Earth é crear un “novo enlace de rede” que apunte á dirección http://patrimoniogalego.net/kml/patrimoniogalego.kmz e na pestana de “Actualizar” indicar cada canto tempo queres que se desgargue o ficheiro KMZ.
Achego unha imaxe para que vexas.
Un saúdo.
Darío Doval says:
Xan 13, 2016
Parabéns por este ENORME traballo a favor do noso Patrimonio. Nas miñas aulas, profe e alumnos xa o temos de ferramenta de traballo.
erial says:
Feb 14, 2016
Grazas a ti Darío.
Candido Rico says:
Nov 27, 2016
Parece que non se pode abrir o KMZ nin co Google Earth nin en Android co Maps.me. Co Google sae:
Se ha producido un error al abrir el archivo…(dirección no ordenata)
Error de análisis en la linea 12962, columna 9081: not well-formed (invalid toquen). Co Maps.me cólgase o programa. Parece un problema do patrimoniogalego.kmz pois probei a abrir outros .kmz e furrulan.
Saúdos.
erial says:
Nov 28, 2016
Grazas polo aviso Cándido. Xa está solucionado.
kroplus says:
Feb 10, 2017
Propongo el sitio http://www.kroplus.com