Pois xa é posible. Presentamos patrimoniogalego.net para Google Earth! Trátase dunha ferramenta engadida e complementaria para seguir patrimoniogalego.net e empregalo en combinación dun dos programas SIG (sistemas de información xeográfica) máis potentes e populares de Internet.

Só tes que baixar este ficheiro KMZ, abrilo desde Google Earth e disfrutar!

Cada noite o noso servidor realiza unha operación para convertir a base de datos nun ficheiro KMZ -a estrutura de datos nativa de Google Earth. Isto quere dicir que te recomendamos baixala de novo, de cando en vez, para disfrutares dos contidos actualizados con todas as últimas incorporacións á base de datos. A día de hoxe (31/03/2015) vaste atopar máis de 6800 elementos xeolocalizados!

Que podes facer con estes datos?
Lembrarte que estes datos están baixo unha licenza Creative Commons. Non podes copiar os datos e empregalos por aí sen mencionar a fonte orixinal (patrimoniogalego.net) e o seu catalogador, e non podes empregalos con ánimo de lucro sen obter o permiso dos catalogadores de cada un dos bens.

Queremos agradecer a Eladio Rial, técnico do noso equipo, a escritura deste software que multiplica as posibilidades de patrimoniogalego.net.