Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Borela (San Martiño)
Lugar: Cavada, A
Outra denominación do ben: Cruceiro da Praza
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro érguese sobre unha plataforma de planta cadrada e tres chanzos presentando un pousadoiro sobre dúas cepas na fronte. Preto de cada esquina da plataforma disponse un poste de protección dos que dous xa foron derrubados pero que inda se gardan sobre o muro do campo da festa. O baseamento é cúbico con arestas superiores molduradas e cadrados en altorrelevo ornamentando as faces laterais. No beira do anverso pódese ver a data de 1843.
O varal é de planta cadrada na súa base para pasar a ser oitavado e rematar en planta circular. A unión co capitel está reforzada cun anel metálico. O capitel está composto con volutas angulares e querubíns na parte media, excepto no anverso onde pode verse a caveira sobre tibias. Os ábacos son de beiras curvas. A cruz é leñosa de corte circular. Nela amósase a imaxe de Cristo crucificado no anverso e unha Virxe cos brazos cruzados sobre o peito, sobre unha peaña no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
GARCÍA PATIÑO, Miguel; JAR RAMOS, Antonio: “Cruceiros e petos do Concello de Cotobade”. Deputación de Pontevedra, Pontevedra 1998. P. 82.

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA005.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4431349333
Lonxitude: -8.51894795895
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84