Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Santa María de Xeve (Santa María)
Lugar: Gatomorto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Canastro sobre unha cepa elevada cunha escaleira en pedra con oito chanzos por unha beira. A construción elévase sobre pares de esteos con pés mirando cara dentro. Os tornarratos son paralelepípedos e sobre eles se ergue a cámara na que se combinan piares con bufardas verticais con doelas de madeira a modo de pasaventos. As paredes testeiras son de pedra con bufardas verticais en dúas ringleiras. Teñen unha cornixa prominente baixo o pinche que ten ocos con motivos xeométricos. O teitume e a dúas augas con tella francesa. Nun dos penais sitúase un reloxo de sol coroando unha cabeza masculina.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4660982678Lonxitude: -8.6108699441
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Gonzalo Garcia Poceiro says:
Nov 19, 2022
Nesa casa nacín no 1956, e decían os vellos que a cara era do dono que a fixo incluíndo a casa da Sartan era Juan Poceiro Solla, casado con Soledad Maquieira.