Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Verducido (San Martiño)
Lugar: Bordel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Muíño de cubo vertical paralelepípedo que se eleva por encima da estrutura do mesmo. Está situado a beira dunha estrada e a canle pasa por debaixo dela para logo discorrer 40 metros en paralelo e torcer seguindo o rego do Carbadoiro ata chegar a tomada, xusto enfronte do muíño dos Outóns, a uns 20 metros da estrada. As augas deste muíño desemboca nun suco que percorre máis de oitocentos metros para perderse nas beiras das rúas do lugar de Bordel.

O muíño está situado nunha forte pendente. Os muros son de grandes cachotes cunha pousafoles a carón da porta situada nunha parede testeira. Na xamba desta porta podemos ver labradas superficialmente tres cruces. Ten unha cornixa sobre a porta. Na parede costal oposta a estrada temos unha pequen bufarda vertical sobre a boca do inferno no que podemos ver un rodicio de fundición en bo estado. O teitume e a unha auga con cuberta de cemento pintado en vermello.


Fotogrametría:

Propiedade: DescoñecidaPrivada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4893328536
Lonxitude: -8.60914260149
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84