Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Verducido (San Martiño)
Lugar: Bordel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O Muíño da Veiga atópase na beira esquerda do rego do Carbadoiro, agochado entre a maleza. Os muros son de cantería de granito e conta cun pousafoles nunha parede testeira inda que a porta está polo costal a carón do cubo.

O muíño está enfronte do da Laxe, enriba dun pequeno salto de auga. Está labrada na rocha a tomada para un dos extremos da canle de abastecemento. Outro extremo aproveita as augas dun pequeno regueiro que se forma coas chuvias de inverno. Na parte media desta canle hai unha saída que alimenta o cubo do muíño.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/muino-da-veiga/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4900674299
Lonxitude: -8.60749706626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84