Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Verducido (San Martiño)
Lugar: Bordel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Muíño de cubo cuberto con grandes rochas de granito. O seus muros son de cachotería e mostra as súas paredes costais paralelas ao rego do Carbadoiro pola súa beira dereita. A porta está situada a carón do cubo nunha parede, e ten tres cruces labradas nas ombreiras. Pola parede testeira a carón da porta vese un pousafoles. Ten porta de madeira e no interior hai un peitoril baixo que cruza de parede a parede separando o espazo no que cae a fariña. Dito peitoril te unha parte máis ancha cun oco. Vese tamén un pé de moa e unha capa coa moega de madeira enriba coa súa quenlla e tarabelo. Hai outro pousafoles nunha esquina do tremiñado. O teitume é a unha auga feito de cemento e ladrillo. A canle de abastecemento parte dun suco que tamén alimenta a outros dous muíños rego arriba. Rego abaixo este suco desembocaría no cubo do muíño Novo. Xusto en fronte deste muíño, está labrada na rocha a tomada para o muíño da Veiga.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
LÓPEZ NOYA, Pilar: “Os Muíños”. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela. Dispoñible en: http://www.museodopobo.es/uploads/file/edac-muinhos.pdf

ENLACES WEB:
http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/muino-da-laxe/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4902780701
Lonxitude: -8.6073589325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84