
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: Tilve
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O cruceiro situado no adro da Igrexa de San Vicente de Cerponzóns erguese sobre unha plataforma de tres chanzos. Enriba, un baseamento cun oco no anverso coa imaxe de San Vicente mártir. No reverso pódese ler a seguinte inscrición:
COMUNIDADE DE MONTES
CERPONZONS
XANEIRO DE 1991
O baseamento amosa unha cornixa prominente cunha face superior a catro augas en cuxo centro levantase un varal de planta cadrada con Santiago Apóstolo como santo na parte media. O capitel está formado por un ábaco de planta cadrada sobre querubíns labrados no varal. Remata o conxunto unha cruz latina de brazos potenzados coa imaxe de Cristo crucificado no anverso e Virxe co neno nos brazos no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4758610258Lonxitude: -8.64081412554
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84