Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Lama / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Xesta (San Bartolomeu)
Lugar: Pigarzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro con plataforma de planta cadrada con tres chanzos. Baseamento cúbico rematado en molduras e con cadrados en altorrelevo ornamentando as súas faces. No anverso do mesmo pódese ler a seguinte inscrición:

DONATIVO
DE MANUEL
PORRA
ANO 1954

O varal é cilíndrico, acanalado e remata nun collarino. O capitel é tronco piramidal invertido con motivos vexetais en relevo. Enriba un ábaco moldurado e groso. Remata o conxunto unha cruz sinxela con extremos lobulados.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3859967395
Lonxitude: -8.36464852095
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84