Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Eulalia)
Lugar: Paradela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Taboleiro dunha peza labrada en granito sobre unha cepa. Sobre el ten un oco flanqueado por pilastras rematadas en pináculos. Nel vemos un retablo labrado en madeira policromada onde se ven diversas ánimas ardendo entre as lapas do purgatorio. Disponse en dúas ringleiras, tres abaixo cunha delas con sombreiro de párroco, e dúas na fila superior flanqueando a figura de San Francisco que estende a súa man cara unha das ánimas namentres a outra se agarra o cordón da súa túnica. Na parte superior do retablo tamén podemos ver dous querubíns alados.
O oco está cerrado cunha enreixado de fundición. Enriba dela podemos ver a seguinte inscrición:

ADEVOCION DE JOSE PESO
1866

Hai evidencias de devoción e culto na ofrenda dun facho, e incluso hai un unha lámpada conectada a corrente.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/2013/03/peto-de-animas-de-parada-ponte-caldelas.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3842576765
Lonxitude: -8.52778851986
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84