Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Taboadelo (Santiago)
Lugar: Verdugo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pontella realizada en cantería de granito. Dispón de sete cepas, cinco centrais e dúas situadas nas beiras. Namentres as laterais teñen planta rectangular e están feitas en cachotería, as centrais están feitas en lousas e presentan unha fronte apuntada mirando a contracorrente, tendo o extremo posterior redondeado. Ambos extremos sobresaen por diante e por detrás do taboleiro. Este está feito con lousas irregulares de granito dispostas entre cepa e cepa. O seu número varía entre catro e cinco, dependendo do grosos das mesmas. Nun extremo do camiño podemos ver dúas capas de moa, procedente dun muíño, salvando as diferencias de niveis entre o camiño e a superficie da ponte.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3702827995
Lonxitude: -8.5417842865
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84