Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ponte Caldelas / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Eulalia)
Lugar: Ponte Caldelas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Trátase dunhas ruínas situadas no cumio dun monte a 487 metros de altura con amplas vistas das terras de arredor. Consta dunha croa superior en forma de óvalo irregular duns 40 m de lonxitude no eixe este-oeste e 20 m no norte-sur, delimitada pola beira norte por una muralla de grandes bloques de cantería, ben encaixados entre si. No extremo este pódese ver tamén un anaco do muro de cantería e preto doutro muro, pero esta vez en cachotería que describe unha curva cerrada. Máis ao este hai moitas rochas e pódense ver moitas gravuras de cuñas para partir e extraer a rocha. Continuando pola beira sur hai un gran desnivel rochoso pero non se ven muros. Volvendo a beira norte vemos un desnivel máis suave sobre un aterrazamento que rodea a croa superior, duns escasos 10 m de ancho. En toda esta sección, apréciase un gran nivel de derrube de cachotería de mediano e gran tamaño, así como algún perpiaño illado. Exteriormente a este aterrazamento volve haber unha forte caída cara ó norte, duns 12 m de altura, e ó pé deste hai un foxo duns 5 m de ancho e escasa fondura.
A superficie do recinto da croa é irregular con abundante cachotería a nivel superficial e inda atopamos un perpiaño illado ben labrado aflorando do chairo. No extremo oeste, vemos unha esquina dun muro de perpiaño ben encaixado cunha orientación noroeste-noreste.
Dende este punto destaca claramente do monte onde se atopa o castro de Peneda.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

As ruínas relaciónanse co lugar do Campo das Torres que aparecen nalgúns documentos. Nun documento de finais do século XIX, mencionase que abandonou a súa casa no ‘Campo de las Torres’ no que existían algúns cimentos dun castelo e caserío. Nun documento anterior de 1557, cítase a dona Catalina Alonso de Pazos que era dona dunha torre cuxos cimentos inda se conservan nun sitio chamado Campo das Torres, preto do templo parroquial de Ponte Caldelas.
Neste sitio atopouse unha peza de bronce que pendeu da armadura dun cabalo, datado entre os séculos XIII e XIV.


Referencias bibliográficas:

Alberte Reboreda. “O Castelo Grande de Ponte Caldelas”. Faro de Vigo, 28 de agosto de 2016. Dispoñible en liña [Consultado o 1-11-2017] en:
https://www.academia.edu/28118897/O_Castelo_Grande_de_Ponte_Caldelas

Planeamento urbanístico do Concello de Pontecaldelas. BOP 1993-04-06. Páx. 0078. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECALDELAS/documents/0869ME003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4007645507
Lonxitude: -8.50305318832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84