Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cotobade
Parroquia: Borela (San Martiño)
Lugar: A Cavada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta de cruz latina cunha nave e dúas capelas nas beiras que marcan a cruz. Estas capelas van acaroadas á cabeceira e teñén bóvedas de casetóns, formadas por entrecruzamento de nervios que nacen en mensulóns da liña da imposta.
A fachada están enmarcada por pilastras que rematan en pináculos, porta acodada, sobre ela, fornela con volutas en ámbalas dúas beiras, liña de imposta, óculo, e espadaña central de dobre van.
A capela lateral do sur, rematada no exterior con pilastras angulares rematadas en pináculo.
A capela oposta remanta en cornixa, pináculos nos ángulos e gárgolas.
Detrás da ábsida, hai outro aditamento máis baixo que comunica coa sancristía situada na beira esquerda da ábsida, que leva baixo o beiril canzorros decorados con vieiras.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: 360120300001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Normas Subsidiarias de Planeamento de Cotobade. BOP: 1997-03-12; DOG: 1997-03-20. Ficha x Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4435046708
Lonxitude: -8.51911425591
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84