Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Baños de San Xusto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Na capela de San Xusto e San Pastor na carballeira de San Xurxo, podemos ver dous epígrafes labrados no muro da cabeceira. Un pegado a esquina sur no que se pode ler:
S:IHS MARIA
E outro case no centro da parede:
HIC + OÆIO
Estas inscricións van acompañadas de cruces pola nave central facendo un total de nove: dous a ámbalas dúas beiras da esquina sur da cabeceira, outras dúas na esquina norte da mesma, outra no muro norte a carón dunha arco rebaixado cego, outras dúas na esquina sur da fachada, outra a carón dun peto na fachada, e derradeira sería a que aparece no epígrafe no centro da parede. Todas elas menos a que está a carón da porta principal teñen remates potenzados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
As cruces poderían estar relacionada co costume que había antes de rezar as novenas arredor da capela. Seica era costume facer isto cando algún familiar caia enfermo ou mesmo para desexarlle mal a algún veciño.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Fuentes Fuentes, José Luís. “La Romería de San Xusto en San Xurxo de Sacos”. Revista Gallaecia. Publicación del Departamento de Prehistoria y Arqueología. Facultad de Geografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela, 1976. P. 262.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5172029287Lonxitude: -8.51003229618
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84