Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Caroi (Santiago)
Lugar: A Laxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro labrado dunha soa peza en granito. Consta dunha base de planta cadrada que a un palmo do chan pasa a ser oitavado. Máis arriba volta a ser de planta cadrada a modo de remate do varal. Sobre el vai unha cruz sinxela de arestas rebaixadas e sen imaxes nin inscricións.

A cruz está asentada sobre unha laxe de granito onde podemos ver tres labras:
· A dereita do cruceiro, vemos unha cruz labrada con perfil en ‘V’ ben definida.
· Enfronte da cruz, vemos un aspa (mesmo semella unhas tesoiras) con perfil en ‘o’ moi aberto e superficial. Só visible con luz rasante.
· E a esquerda, un conxunto de cinco coviñas dispostas no que serían os vértices dunha ‘w’.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Normas Subsidiarias de Planeamento do Cotobade. Petos de ánimas e cruceiros II, nº 44. BOP: 1997-03-12; DOG: 1997-03-20. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA006.PDF

García Patiño, Miguel; Jar Ramos, Antonio. “Cruceiros e petos do Concello de Cotobade” Diputación de Pontevedra. Pontevedra, 1998. Páx. 112.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4887452258
Lonxitude: -8.41975584626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84