Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Brión
Parroquia: Ánxeles, Os (Santa María)
Lugar: O Tremo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Capela do Tremo foi construída antes do ano 1772, pois no libro de fábrica da parroquia dos Ánxeles referénciase o seguinte:”hai en términos de esta parroquia una hermita o Santuario con la advocación de Ntra. Señora de Guadalupe que de poco a esta parte se erigió con las limosnas de los devotos”. A súa planta é rectangular, cunha única nave. Carece de bóveda, agás no presbiterio. No interior destaca o retablo de pedra construído no século XVIII, formado por dous corpos na banda central e unha nas laterais, separada por columnas. Na do medio destaca o conxunto do sagrario e o expositor, sobre o que se asenta a imaxe titular, e enriba o arcanxo San Miguel. Nas laterais están a Inmaculada e San Xosé. Na fornela da fachada ten unha imaxe da Nosa Señora da Guadalupe. No exterior, na fornela da fachada ten unha imaxe da Nosa Señora da Guadalupe. Xunto ao templo destacan, ademais, o cruceiro da praza, de factura simple con baseamento octogonal e catro chanzos; a fonte, erixida en 1924; e unha casa con arcadas.
Todos os elementos conforman un conxunto arquitectónico moi ben conservado. Quizais a presencia do Balneario do Tremo, de aguas sulfurosas, fixo que neste lugar se adoptara un estilo de construción mellor coidado e de máis calidade que en outras partes do concello.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Retablo do século XVIII.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA021.pdf ver en(Pax 24)
Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez
ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.85453928724753Lonxitude: -8.664597272872925
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84