Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cerdedo
Parroquia: Parada (San Pedro)
Lugar: Mouteira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

No alto do coto ao norte do lugar de Mouteira, atopamos un parapeto con forma de media lúa e cunha altura duns catro metros, precedida dunha depresión do terreo que podería corresponderse cun antigo foxo.

Unha rampla de acceso sube paralela ao parapeto flanqueada por laxas de xisto en posición vertical deica penetrar unha apertura no mesmo parapeto. Detrás hai un aterrazamento ovalado cun eixo maior orientado sureste-noroeste.

O chan, cuberto por carballos de non moita idade, vai descendo suavemente cara ao norte. Ao remate deste terrazamento semella haber outros dous mais en niveis inferiores.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Reboredo Tajes, Manuel “A cultura castrexa na bacía do Lérez – Almofrei” Gallæcia, 129. Dispoñible en :
dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3282762.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5561830901
Lonxitude: -8.35772037506
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84