Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Cerdedo
Parroquia: Folgoso (Santa María)
Lugar: Vilariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:

Trátase dun recinto no alto dun couto, limitado en liña recta, polo leste cunha forte pendente natural que cae sobre o regueiro da Freixa. Polo oeste e sur, cara a bacía do Lérez, describe unha ampla curva limitada por unha talude cunha forte pendente de máis do 70 %, que nalgúns puntos acada máis de seis metros de altura. Polo noroeste a talude fúndese coa forte pendente do terreo. Polo sur oeste temos un chairo que cae novamente en forte pendente sobre o Lérez e a súa confluencia con regueiro de Freixeira.
Non se observan estrutura ou restos de edificacións que nos fagan pensar que non son de época recente.
Pola beira sur obsérvase unha pequena rampla que salva a talude de sur a norte e paralela ao borde do recinto. Os terreos ocupados por esta edificación foron empregados en época moderna como terreos de cultivo e abandonados a partir da década dos oitenta. É por iso que o recinto inferior e a talude está moi parcelada e cada leira limitada por un muro de cachotería de xisto dun metro de altura aproximadamente, aínda que na área máis o oeste alcanza os dous metros, ou ben por laxas de xisto verticais separas non máis dun metro entre si. Unha liña de muros coincide co perímetro do recinto interior e outra percorre parte do borde exterior da talude. Curiosamente só se observan dúas interrupcións nos muros para permitir o acceso. Unha está nunha veiga situada na talude e a outra para permitir o acceso ao recinto superior dende unha rampla que salva a talude dende a parte mais meridional.
Agora os terreos están ocupados por unha carballeira limpa de maleza, non sendo nos extremos máis ao norte, e máis ao leste que son inaccesibles por mor dos toxos.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36011046
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5567536859
Lonxitude: -8.35264563561
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84