Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Covelo
Parroquia: Casteláns
Lugar: O Coto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa pertenceu a un antigo mosteiro de monxas bieitas, aínda que como igrexa pertenceu ao mosteiro cisterciense de Melón.

Na actualidade só se conserva o arranque dos muros da ábsida. Esta é de planta pentagonal e está encostada a un tramo recto. En tres tramos da ábsida e flanqueadas por columnillas, abríanse senllas xanelas de elaborada ornamentación. Parte destas xanelas, máis o arco triunfal e os seus capiteis, podense atopar nos xardíns do Balneario de Mondariz.

Tamén na capela de San Roque de Pontevedra, atopamos unha arcada cos fustes e capiteis reutilizados nun lateral do templo, probablemente do claustro do mosteiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Arquitectura Románica en Pontevedra – Isidro Gonzalo Bango Torviso
Fundación Pedro Barrié de la Maza


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23543256289016
Lonxitude: -8.393345475196838
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84