Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Covelo
Parroquia: Casteláns
Lugar: O Coto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa pertenceu a un antigo mosteiro de monxas bieitas, aínda que como igrexa pertenceu ao mosteiro cisterciense de Melón.
Na actualidade só se conserva o arranque dos muros da ábsida. Esta é de planta pentagonal e está encostada a un tramo recto. En tres tramos da ábsida e flanqueadas por columnillas, abríanse senllas xanelas de elaborada ornamentación. Parte destas xanelas, máis o arco triunfal e os seus capiteis, podense atopar nos xardíns do Balneario de Mondariz.
Tamén na capela de San Roque de Pontevedra, atopamos unha arcada cos fustes e capiteis reutilizados nun lateral do templo, probablemente do claustro do mosteiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Arquitectura Románica en Pontevedra – Isidro Gonzalo Bango Torviso
Fundación Pedro Barrié de la Maza
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23543256289016Lonxitude: -8.393345475196838
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Mai 22, 2011
O Concello de Covelo ten coma planeamento vixente o PXOM aprobado definitivamente o 19 de maio de 1999; no seu catálogo aparecen as ruínas da igrexa monacal na ficha AR20 (pódese consultar en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OCOVELO/documents/0773CA014.pdf).
O grado de protección deste ben é integral, establecéndos o correspondente ámbito de protección no contorno.
Oscar Franco says:
Abr 12, 2022
Ficha catalográfica dos restos que desta igrexa que se atopan nos xardíns do Balneario de Mondariz e dos que fai referencia esta ficha:
http://patrimoniogalego.net/index.php/113974/2022/04/restos-da-igrexa-de-santa-maria-de-castelans-nos-xardins-do-gran-hotel/