
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Vila de Cruces
Parroquia: Merza (Santa María)
Lugar: A Moa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O lugar arqueolóxico atópase no monte que ten ao seu pé a Capela de San Paio. Está a 280 metros de altitude e sobre un esporón da marxe dereita do río Deza que amosa fortísimas pendentes pola banda sur que caen ata o canle do río. Consta de dous recintos o máis grande e de forma case circular está pola banda norte, en zona de pendente, e acada uns 100 metros de diámetro, defendido pola súa banda norte por fortes terrapléns. A croa do sur duns 40 m. de norte a sur e 30 m. de leste a oeste, está delimitada con defensas, amosando grandes murallas de terra e cachote. A súa forma é cuadrangular e comparte parte dos parapetos co recinto do norte. Cara ao sur, téñense unha boas vistas das fervenza do Toxa, distantes a uns 600 metros.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36059024
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo unha lenda na igrexa de San Paio, baixando unhas escaleiras, hai unha cova que vai dar á fervenza do Toxa. Alí hai un tesouro. Sacado de http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=49&id=2437
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo//VILADECRUCES/documents/1002CA001.pdf
Está errado o nome no catálogo de Bens Arqueolóxicos de Vila de Cruces, vén na páxina 8 do pdf
como Monte de “San Caio” , debe dicir Monte de San Paio
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.762326679Lonxitude: -8.26721191406
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Abr 1, 2019
O Concello de Vila de Cruces solicitará unha axuda ao Grupo de Desenrolo Rural para financiar unha investigación arqueolóxica neste castro.
A Nova é do 27 de marzo de 2019:
https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2019/03/27/puesta-castro-sampaio/2076255.html
Oscar Franco says:
Out 27, 2019
A prensa dixital do 26 de outubro de 2019 recolle a nova dos inicios de escavación deste castro:
https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2019/10/26/castro-merza-busca-identidad/2192459.html?fbclid=IwAR12aGkWmyR21zi-m3gx_73Bn7BpIzyFsJbKvbHhoCGRDyKYvqk6qHvUg1o
Oscar Franco says:
Nov 4, 2020
Comeza a segunda campaña de intervencións arqueolóxicas neste xacemento. Así o recolle a prensa dixital do 30 de outubro de 2020:
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2020/10/31/inician-trabajos-arqueologicos-monte-san-22072477.html