Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Baleira
Parroquia: A Esperela (San Pedro)
Lugar: Montes da Matanza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A necrópole está formada por sete mámoas. As súas medidas oscilan entre os quince e trinta metros de diámetro. Case todas presentan cráter de violación e en ningunha se observan restos de cámara. Tres túmulos atópanse moi achandados polos labores agrícolas e forestais; sobre un construíuse un muro, e sobre os outros dous caváronse gabias para a plantación de piñeiros. Había outra mámoa detrás do campo de fútbol que foi destruída no ano 2000.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo a tradición, recollida de Amor Meilán, en tempos de Afonso II, librouse unha batalla entre moros e cristianos; dise que houbo tantos mortos que o sangue chegou ata a igrexa; de aí o nome de Campo da Matanza.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mámoas e Antas de Galiza: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mamoas-e-antas-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0258778186Lonxitude: -7.23827362061
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84