Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Aspai (San Cibrao)
Lugar: Santa Comba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Dado a coñecer o día 14 de marzo de 2015 por Brais Rodríguez Romero e Xabier Moure. Trátase dunha pena granítica de 2,75 x 0,70 metros que presenta a gravura dunha figura antropomorfa formada por un círculo superior de 17,5 cm de diámetro da que parte unha liña vertical de 0,18 cm cunhas liñas en forma de brazos de 10 e 9,5 cm respectivamente. Xunto o círculo, na parte esquerda, hai tres pequenas coviñas de 2,5 cm de diámetro e unha profundidade de 0,5 cm. A figura “mira” cara un campo de mámoas situado nas proximidades. Nunha pedra próxima localizamos unha pena con tres coviñas. Apréciase que en parte foi repicado posteriormente.
Comunicado ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo, os arqueólogos xa o visitaron e inventariaron coa clave de identificación: GA27039085.
No monte de San Xoán de Parada e en Candai apareceron dúas pedras (pedrafitas) con motivos semellantes formando parte dunhas mámoas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Petroglifos de Galiza: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0681447486Lonxitude: -7.67901420593
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84