Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...), Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Candai (San Vicente)
Lugar: Candai
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Dada a coñecer o día 14 de marzo de 2015 por Brais Rodríguez e Xabier Moure. Hai algúns anos, un veciño da parroquia de Candai trasladou para o xardín da súa casa unha pedra exenta que atopou xunto unha mámoa nos montes de Candai. A pedra presenta as gravuras dun círculo superior de 21 cm de diámetro do que sae unha liña vertical de 8 cm, con dous “brazos” de 11 e 12 cm respectivamente, e dúas “pernas” de 13 cm cada unha; a pedra onde figura a gravura mide 1,27 m de altura e 8,75 m de ancho. A figura representada seméllase a outra localizada en Santa Comba e nunha mámoa nos montes de Parada.
Comunicado o achado ao Servizo do Patrimonio Cultural en Lugo, os arqueólogos xa a visitaron e inventariaron.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Círculos líticos e pedrafitas de Galiza: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0914297592
Lonxitude: -7.69296169281
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84