Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Láncara
Parroquia: Río (San Martiño)
Lugar: Río
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Formaba parte do muro exterior da igrexa de Río. Estivo exposta na exposión de Galicia no Tempo. Na actualidade atópase encastradada nun muro da pequena sancristía. Trátase dunha estela de granito incompleta que representa no interior dun cadro moldurado a dous persoeiros, ao da esquerda fáltalle gran parte, e o da dereita, co rostro moi borroso e sen un anaco da cabeza, viste unha toga e sosteñen sobre os xeonllos unha especie de cartela onde está escrito un texto en gran parte perdido e de interpretación dubidosa: “…/FELICEM/PARENTEM/…/IVL ET/… FILIO”. Semella que están sentados nunha especie de banco. Datada entre os séculos III-IV d.C. A pesares de estar incompleta e o deficiente estado de conservación, é posible poñelas en relación con outras estelas funerarias contemporáneas, como a de Vilar de Sarria ou o relevo de Adai. Os personaxes pertencerían a unha elite culta e poderosa como nolo amosan a presenza das togas e a cartela coa inscrición.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Romanizaciónd de Galicia: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8054768279Lonxitude: -7.31749534607
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84