Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Zas
Parroquia: Lamas (Santa María)
Lugar: Lamas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Esta anta atópase inserida nunha mámoa circular que mide arredor de 15 metros de diámetro. A estrutura está moi alterada e en moi malas condicións. Así, nove dos once esteos foron desprazados nos anos cincuenta por un veciño que aproveitou as pedras para a cimentación da súa vivenda. Parece que a cámara é de tipo poligonal tendente ao círculo e que o corredor de acceso mira cara ao leste. Conserva dous esteos na cuberta. O que fora a pedra cobertora concrétase nun bloque granítico rectangular que queda apoiado nun dos esteos da cámara, mide un metro e oitenta centímetros de alto por un metro e trinta de ancho. Esta anta formará parte do parque do megalitismo da Costa da Morte e así a ver se se recupera do seu deplorable estado.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Boga Moscoso, R.: “Dolmenes de Galicia”, Bahía edicións, xullo 1997.
-Xosé María Lema Suárez (1999): Arquitectura megalítica na Costa da Morte. Santiago de Compostela: Asociación Neria.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.14658131776614
Lonxitude: -8.946953415870666
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84