Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Laza
Parroquia: Castro de Laza, O (San Pedro)
Lugar: Soutelo Verde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro que se asenta no final da ladeira do monte de Carraxóo, moi atípico polo cercano da chaira. Ten un enorme foxo que o circunda no 80 por cen do seu perímetro, tendo nalgún tramo máis de dez metros de ancho e seis ou sete metros de profundidade, realzado polos terrapléns asociados. É moi complicado ter unha vista en perspectiva do asentamento pola dificultade do terreo e a vexetación tan densa que por alí hai. Non hai outros restos evidentes en superficie.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32039014
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Din os vellos que antiguamente, cando aínda se ía por alí co gando, podíase escavar un pouco e se atopaban con xanelas de pedra e algunha culler de ouro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.086433
Lonxitude: -7.5062523
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84