Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota
Lugar: Outeiro de Prousos Magos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:
No Outeiro de Prousos Magos áchanse varios petróglifos. En concreto, neste outeiro temos dúas zonas separadas por uns 3 metros. O primeiro que ollamos son uns petróglifos de combinacións circulares moi próximas entre si, de 37 e 35 cm. de diámetro, respectivamente. As dúas presentan raio prolongado ao exterior, que nun deles nace no punto central e o outro nace do círculo máis pequeno. Neste ollamos tres pequenas coviñas, mentres que na outra só ten unha coviña central na que nace o radio.
Na outra zona, uns tres metros máis arriba, atopamos unha pequena cova entre as rochas, orientada ao nordés. Na entrada desta cova destaca unha pequena laxe de 80 x 65 cm. na que atopamos gravados compostos por máis de 30 coviñas de diferentes tamaños e profundidades, que van dos 10 cm. de diámetro e 5 de profundidade aos 3 cm. de diámetro e 1 cm. de profundidade. Algunhas destas coviñas están comunicadas entre si cun suco, mentres outras aparecen rodeadas por un trazo circular.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15020021
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Cernadas Sande,J.: “Gravadoas rupestres nos montes de Carnota”. Tresctres, 2008.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.849702046Lonxitude: -9.06960815191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 2, 2021
A prensa dixital de finais do mes de outubro de 2021 reolle a denuncia sobre o dano a este petróglifo:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/carnota/2021/10/28/museo-carnota-lanza-sos-tras-aparecer-rascado-punzon-petroglifo/0003_202110B28C2993.htm
http://historiadegalicia.gal/2021/10/riscan-e-danan-irreversiblemente-varios-petroglifos-no-museo-aberto-de-carnota/