Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Bande
Parroquia: Corvelle (Santa María)
Lugar: Pereira
Outra denominación do ben: Capela de Pereira
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dunha capela sita no lugar do Carballo na vila de Pereira (Bande- Galicia) a 4 km da capitalidade municipal de Bande, no val da serra do Laboreiro a 800 m. de altitude. A súa festa é o 22 do mes de seitura, e tamén o primeiro fin de semana de agosto cando se celebra a procesión e unha pequena romaría, ademáis das festas patronais; que foi en tempos das importantes da comarca. Ademáis no retablo de estilo barroco comparten camarín os dous copatróns Santo Antón de Xaneiro e Santa Bárbara, cuxas festas se reducen na actualidade aos oficios estrictamente relixiosos. Ademáis no retablo destacan as imaxes de Santa Marta, a Virxe do Carme, a Asunción e a Virxe da Peneda; tamén as cabezas de dous anxos saíndo dun corazón.

Conserva no seu exterior un cabido para os actos festivos, unha cruz de ferro no seu tellado, así como un campanario a xeito de espadana cunha campá de tamaño medio coa imaxe da santa tallada. No retablo maior, nunha reforma nos anos 70 atopáronse restos humanos de orixe descoñecido.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

A advocación da Madanela en Pereira coñécese, canto menos, dende o século XVI aínda que outras fontes apuntan a que as monxas que habitaban na casa de Frades, cuxo templo tivo orixe nos tempos de San Martín Dumiense e deu lugar a un posterior priorato chamado “San Xoán de Seoane”, xa asistían á misa a Pereira e a Seoane a través do río pasando as poldras, polo tanto a advocación é secular pese a que a capela que se conserva na actualidade é moi posterior, con toda certeza construída na idade moderna aínda que con toda seguridade sobre un templo primitivo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

” Orixe e evolución da parroquia de san Pedro de Bande” (Enrique Bande Rguez.)
Documentos históricos do arquivo diocesán de Ourense.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase case agochada debido a unha construcción como é un palco e un pequeno local social que non se utilizan e que foran construídos nos anos 90 sen obedecer a ningún criterio de conservación do patrimonio nin tampouco urbanístico. Así memso hai anos cortáronse dous carballos centenarios e cementouse a praza fronte á capela.


Onde está localizado

Latitude: 42.0391519577
Lonxitude: -8.00651729107
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84