Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Boborás / O Irixo
Parroquia: Xurenzás (San Pedro ) - Corneda (Santiago)
Lugar: Xurenzás / Souteliño
Outra denominación do ben: Castro de Xurenzas
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado no alto dun coto a 644 metros de altitude entre as parroquias de Corneda e Xurenzás.

Conta cunha croa central circular cun eixo maior de 111 metros e un menor de 90. Amosa dúas grandes terrazas de gran extensión polo sur este aínda que gravemente alteradas, ou ben non foron rematadas no seu día. Estes espazos están rodeados por varios parapetos concéntricos, ata facer catro consecutivos nalgunha área como no norte e oeste. Nalgúns puntos hai camiños que atravesan os parapetos ata chegar a croa central.

Os parapetos e o espazo central están cubertos de toxo que crean unha falsa impresión da altura que non se corresponde coa real. Albíscase un muro de pedra no sector norte este de manufactura moderna.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32035003
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Veciñas do lugar de Souteliño, contáronme que co anterior párroco era costume acudir en profesión a facer as Rogativas nunha cruz que había no castro. Tamén contan que no castro hai unha mina onde os mouros daban de beber aos seus cabalos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BOP: 1993-08-14 “Catálogo del Patrimonio Cultural, Tradicional e Histórico del Municipio de Irixo” C.P.U. Concello de O Irixo, 18-11-1993. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OIRIXO/documents/0530CA001.PDF

DOG: 2011-09-30 “Catálogo de Xacementos Arqueolóxicos. Índice”. Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Boborás, 2011. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOBORAS/documents/27598ca300.pdf

DOG: 2011-09-30 “Catálogo de Xacementos Arqueolóxicos. Fichas.” Concello de Boborás. Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Boborás, 2011. páx. 417-418. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOBORAS/documents/27598ca301.pdf

Gago, Manuel “Os malditos chans de Xurenzás” Capítulo Cero, 15-01-2008. Dispoñible en:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/01/15/os-malditos-chans-de-xurenzas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4645025038
Lonxitude: -8.13074111938
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84