Outra fotografía:
Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Pombeiro (San Vicente)
Lugar: O Priorato
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Reitoral, do século XVIII, está feita a base de perpiaño granítico labrado con teitume a tres augas. Posúe tres plantas.
Na fachada principal podemos ver a porta principal de aceso alintelada e pilastrada flanqueada por dúas bufardas a media altura. Por riba dela, no segundo andar, aparece un balcón con balaustrada feita en ferro forxado. No lintel da balconada podemos ver a seguinte inscrición:
“EMPEZOSE ESTA OBRA ANO DE 1766
SE ACABO EL DE 1784”.
Destaca tamén un brasón co escudo dos abades de Ribas do Sil, que se timbra nunha cruz patada e un sombreiro con cordóns de catro borlas entrelazadas. Nas súas catro particións aparecen tres palmas (alusión a Santo Esteban), catro mitras enfila de a dúas, outras cinco en sotuer (alusión aos nove santos bispos que segundo a tradición descansan na igrexa conventual de San Esteban de Ribas do Sil) e cinco pedras descolocadas.
No interior destaca un patio a modo de claustro, hoxe en completo abandono.
Dende o refectorio saen unhas escaleiras camufladas que comunican cun piso subterráneo no que se conserva un depósito de auga que servía para a conservación da la pesca procedente dos ríos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio2DB4A_17_gl.pdf
https://fervatasil.wordpress.com/arquitectura/pombeiro/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4481812282Lonxitude: -7.70320907235
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84